ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O alcalde de Viana do Bolo recibe a visita do delegado da Xunta en Ourense

 

No decurso da viaxe que o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, realizaba esta mañá ao municipio de Viana do Bolo, incluíase unha visita ao Concello. Así o delegado achegábase á Casa Consistorial, acompañado polo alcalde, Andrés Montesino, e pola concelleira Carmen Conde, e tras percorrer as instalacións e saudar ao persoal, tiña lugar unha xuntanza na alcaldía, na que abordaban temas e proxectos de interese para o municipio.

Nesta visita, Pardo estaba acompañado polo director territorial do Medio Rural, José Antonio Armada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button