O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reunáise o 29 de abril co alcalde de Viana de Bolo, Germán García-Ávila, para avaliar posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro e analizar os principais proxectos de interese municipal que se están a levar a cabo coa colaboración da Administración autonómica.
Manuel Pardo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades en cuestións relacionadas coa Xunta, e así mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.
Pola súa banda, o alcalde vianés expoñíalle ao delegado “proxectos e necesidades que son unha prioridade para Viana do Bolo” como as seguintes:
– Solicitude dunha achega económica por parte da Xunta de Galicia para os arranxos da ponte de Umoso e da estrada de Santo Agostiño
– Posibilidade de crear un Centro de Día en Viana do Bolo que dé resposta ás necesidades das persoas maiores e dependentes do noso concello.
– Recuperación dun paso de peóns que foi eliminado cando se realizaron obras de renovación e pintado na OU-533 ao seu paso pola nosa vila
– Instalación de bandas redutoras de velocidade en diferentes puntos da estrada OU-533 ao seu paso pola por Viana para evitar riscos derivados da velocidade á que circulan algúns vehículos.
– Pintado de prazas de aparcamento na Rúa Liberdade.
– Desbroce de maleza nas inmediacións do parque infantil da estrada de A Rúa.
– Retirada de rochas na estrada a OU-533 á altura de Pradocabalos
– Arranxo da ponte do Bibei (acceso á Viana dende A Gudiña (pintura, valado, iluminación) e poda e limpeza de ramas que invaden parte da ponte e a estrada.
Para Germán García-Ávila foi unha xuntanza “moi produtiva na que o delegado se mostrou moi interesado en atender e dar solución ás demandas plantexadas polo Alcalde, algunhas delas xa solicitadas anteriormente”.