
Monforte de Lemos acollía este mércores 13 de maio a primeira das tres festas do Correlingua na provincia, que este ano animan á rapazada a usar o galego co lema “Co galego no corazón facemos revolución”.
A deputada de Cultura Iria Castro participou no acto, que reuniu alumnas e alumnos do IES Cosme López da Rúa, IES A Pinguela, IES Daviña Rei, IES Río Cabe, IES Val do Asma, CEIP A Gándara e CEE Infanta Elena de Monforte, do CEIP Doutor López Suárez do Saviñao e do CEIP Virxe da Luz de Portomarín, nunha marcha pola lingua e unha festa final coa actuación da banda Cuarta Xusta.
As actividades do Correlingua están enfocadas en reivindicar o uso do galego a través de actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado. A vindeira festa do Correlingua no caso da provincia de Ourense será o 20 de maio na cidade de Ourense.