
A Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo vén de recibir unha doazón de revistas e libros do recoñecido arqueólogo e historiador galego Manuel Xusto Rodríguez, quen viviu na súa infancia e adolescencia en Viana, coa que segue moi ligado. “Son uns novos fondos bibliográficos que nos especial ilusión anunciar”, din dende o Concello.
Manuel Xusto, que dedicaba a súa tese de doutoramento a estudar a “Territorialidade castrexa e galaico-romana na Galicia suroriental: A Terra de Viana do Bolo” (obra publicada en 1993), conta cunha traxectoria moi vinculada ao patrimonio arqueolóxico da provincia de Ourense.
“Moitísimas grazas a Manuel polo seu gran traballo en prol da cultura e historia galega e vianesa”, destacan dende o Concello de Viana do Bolo.
Fotos: Concello de Viana do Bolo.