A nova exposición do artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” chegaba ao público a finais de marzo en Pontevedra “como se dun verdadeiro naufraxio se tratara”, asegura o autor. Chere percorre as praias de Galicia para encontrar restos de táboas de incendios en naufraxios e convertilas en obras de arte, que agora comparte co espectador.
Son máis de vinte táboas expostas no escaparate da Zapatería Mecada, situada no centro de Pontevedra na rúa da Oliva, xusto ao lado da igrexa da Virxe da Peregrina. Se o ano pasado en primavera Chere tinguía de cor os escaparates de Miranda Moda, no Barco, desta volta faino nunha zapatería pontevedresa, como un novo xeito de exhibir a súa arte a través do pequeno comercio local e dos escaparates.
Nesta ocasión o artista presenta unha fusión entre as madeiras dos zocos e zapatos da tempada de primavera-verán e as madeiras das táboas recollidas dos naufraxios nas praias. Surfeiros ,mariscadoras mariscadores, bañistas e paseantes, todos os perfís que se poden atopar nunha praia en Galicia, aparecen nas madeiras de Chere. “Son táboas que falan, coas súas propias historias. Táboas que devolve o océano á praia. Táboas que pasan desapercibidas e que se converten en lienzos e en novas historias a través da pintura”, explica este creador do Barco.
https://youtube.com/shorts/vvP3HHj4hWE?feature=share
Fotos e vídeo cedidos.