
Os atletas valdeorreses seguen sumando podios. Desta volta nun campionato galego. Así o barquense Pablo García Arias (Adas Cupa) subíase ao podio nesta fin de semana no campionato galego Sub20, celebrado o sábado 5 de xullo nas pistas universitarias de Santiago de Compostela. Facíase co ouro na final da proba de 110 m valados, cun rexistro de 14.78.
En segundo lugar sitúabase Leo Rodríguez (14.98), do Real Club Celta, e na terceira posición Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural Galega.
Non era a única medalla no galego para Valdeorras, xa que Amadeo Real Tato facíase co bronce na final de altura masculina, cunha marca de 1.61.