DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Paco Bao, entre os 200 corredores da XXV Rota do Románico de Pantón

 

Este sábado, 30 de maio, o Concello de Pantón celebraba unha das súas citas deportivas con máis historia, a carreira popular da Rota do Románico do Concello de Pantón que este ano chegaba á 24 edición.

200 persoas inscribíronse nas diferentes categorías, destacando a carreira absoluta na que houbo máis dun cento de participantes e a andaina popular que se organiza este ano por primeira vez e na que os particpantes percorreron a ruta do Xanarteiro que parte do Mosteiro de Santa María de Ferreira e pasa por camiños entre viñedos ata chegar á fonte de Augas Santas.

 

oplus_137363488

 

Entre os corredores desta edición estaba o atleta veterano valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa do Barco), que con esta cita sumaba a súa proba número 828 e facíao competindo “con 30 graos de temperatura”.

 

 

“Este ano tiñamos a novidade da andaina popular que á xente lle encantou. Estamos moi satifeitos con como se desenvolveu a xornada porque a cita xa ten unha traxectoria importante que conta con xente veterana que nos acompaña todos os anos e a participación das categorías infantís crea tamén moito ambiente e animación na vila”, explica a concelleira de Deportes, Cristina Domíguez.

 

oplus_141557760

Nesta XXIV edición da Rota do Románico Concello de Pantón subiron ao podio feminino na carreira absoluta:

 

oplus_141557760

• Marta Marqués Prado, que correu co dorsal 2
• Ángeles Rodríguez Taboada, dorsal 14
• Nahir González Rodríguez, dorsal 67

 

oplus_137363456

 

No podio masculino estiveron:
• Sindo González Castro, que corría co dorsal 107
• Tomás Díaz Fernández, dorsal 8
• José Luis Louzao, dorsal 1

Fotos cedidas.

 

Back to top button