DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Paco Bao faise con 2 medallas no campionato galego máster

 

Máis de trescentos cincuenta atletas estaban inscritos no Campionato Xunta de Galicia Máster que se desenvolvía a partir das 10 horas deste domingo 4 de xuño nas pistas municipais de Balaídos, en Vigo. Entre eles estaba o valdeorrés Paco Bao (do Club Adas Cupa do Barco, que competía en dúas disciplinas na categoría de M70 e nas dúas lograba subirse ao podio.

Así o atleta participaba no lanzamento de disco no que se facía coa prata na súa categoría, mentres que na lonxitude conseguía o ouro, cunha marca de 2.18.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button