DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Paco Bao participa na Minibay Nigrán-Baiona

 

Ata a provincia de Pontevedra desprazábase nesta fin de semana o atleta veterano Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco. Alí participaba na súa carreira 707, a Minibay Nigrán-Baiona, de 10,5 km. “Estou contento e satisfeito por facer a tarefa con 5.500 corredores”, comenta este corredor.

A súa seguinte cita deportiva, a número 708 da súa traxectoria, será en Ponferrada, o día da Comunidade en Castela e León, o 23 de abril.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button