A competición deste 7 de febreiro en Expourense era unha cita moi especial para o veterano atleta valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa). Non só por tomar no campionato galego máster de pista cuberta, senón tamén por chegar á proba 800 da súa carreira deportiva.
E celébrabao con dúas medallas: un ouro en lonxitude M-75 e unha prata no lanzamento de peso.
“Hoxe cruzo a miña meta número 800 e só podo dicir: grazas. Grazas ás miñas pernas por aguantar, á miña familia polo tempo roubado, e á comunidade do atletismo por ser a miña segunda casa. Ourense ten sido o escenario perfecto para esta cifra que xamais soñei alcanzar. ¡Vémonos na 801!”, di o atleta.
Fotos cedidas.
