
A Federación Galega de Atletismo (FAG) daba a coñecer nesta semana a listaxe de atletas preseleccionados para formar parte da delegación galega que acuda ao XXIX Campionato de España Sub18 por federacións autonómicas, que se disputará o vindeiro 22 de xuño nas pistas do Centro Galego de Tecnificación en Pontevedra.
Nesta listaxe figura o valdeorrés Sergio Fernández Pérez, do Club Adas Cupa do Barco, no lanzamento de peso.
Atletas preseleccionados
