EconomíaEconomíaÚltima hora

O Bar Larouco despedirá novembro con baile e unha pancetada

 

Baile, música disco e merenda. Son os ingredientes cos que elaboraron a ‘pancetada party’ a festa coa que despedirán o mes de novembro no Bar Larouco.

A ‘Pancetada Party’ celebrarase o sábado día 29 cunha boa merenda a base de panceta, viño, auga, chocolate e bica de sabores por 4 euros que custará a entrada (á venda na rúa Real 121).

A maiores, entre as 22 e as 23 horas Angi e Miguel darán un workshop de kizomba fusion e a partir das 23:30 horas un Dj sorpresa.

 

 

Back to top button