ConcellosManzanedaÚltima hora

O Bar Nevada de Manzaneda, con nova xerencia, reabrirá ao público o vindeiro martes

 

A partir do vindeiro 22 de abril reabrirá as súas portas a Cafetería Nevada na vila de Manzaneda. Á fronte da súa xerencia está, con moita ilusión, Noelia, unha moza procedente de Barcelona pero con raíces familiares neste municipio.

O Sábado Santo facía a inauguración do establecemento coa participación de numerosas persoas, se ben non será ata o martes cando comece a funcionar con normalidade. Terá un horario de atención ao público ininterrompido (mañá e tarde) dende as 8:30h. (agás os luns que pechará) e manterá os servizos habituais desta cafetería, con xantares e ceas con reserva previa ou encargo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button