
O Barco de Valdeorras será escenario dunha nova iniciativa solidaria coa proxección do filme “O Último Suspiro” no Teatro Lauro Olmo, o vindeiro 4 de febreiro de 2026 ás 20:00 horas. A sesión terá un carácter benéfico e todo o recadado destinarase integramente á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
As entradas solidarias, cun prezo simbólico de 3 euros, xa están dispoñibles nos seguintes puntos de venda:
- Sede da Asociación en O Barco
- Oficina da Asociación no Hospital de O Barco
- No propio cine o mesmo día da proxección
“Desde a Asociación animamos á veciñanza a sumarse a esta iniciativa que une cinema, solidariedade e compromiso social”, indican dende a AECC en Ourense.
Esta acción solidaria conta coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e do Concello de O Barco de Valdeorras, contribuíndo a impulsar a participación cidadá na loita contra o cancro a través da cultura, e está promovida polo Cine Club Groucho Marx.