
Dende o Concello do Barco vén de informarse de que, dada a situación actual por mor dos incendios forestais, quedan canceladas as dúas actuacións do Terrasón que estaban previstas para esta fin de semana (os días 15 de agosto no Barrio de San Roque e 17 de agosto en Abdón Blanco). Tamén se informa de que se cancela a Festa de San Roque.