EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA agradece o labor de Araceli Fernández en AEVA e dalle a noraboa ao seu novo presidente, Carlos Terán

A Asociación Centro Comercial Aberto publicaba esta mañá un comunicado nas redes sociais, tras a recente asemblea en AEVA na que se producía o cambio na xunta directiva

Araceli Fernández, presidente saínte de AEVA, xunto a Carlos M. Terán, tras ser escollido como presidente na asemblea de AEVA./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A directiva do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de facer público un comunicado nas súas redes sociais no que, tras a asemblea celebrada por AEVA o 13 de xuño na que se producía un cambio na súa presidencia e equipo directivo, quere “aproveitar esta ocasión para agradecerlle profundamente a Araceli Fernández todo o traballo e a dedicación que puxo na presidencia de AEVA. O seu liderado e compromiso foron fundamentais para o crecemento e o éxito da asociación. A súa visión e liderado inspiraron a todos os membros, promovendo un ambiente de colaboración e empoderamento que certamente deixará unha marca duradeira”.

Ao mesmo tempo, dende a Xunta Direciva do CCA tamén se quere “dar a nosa máis sincera noraboa ao novo presidente, Carlos Terán. Estamos convencidos de que baixo a súa dirección, AEVA continuará avanzando e alcanzando novos logros”. Ademais deséxalle “moita sorte neste novo capítulo”.

Back to top button