En portadaÚltima hora

O Barco CCA celebrará o Día da Nai coa campaña “Xuntos e mellor” cun sorteo

Foto: A.R.

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebrará o Día da Nai coa campaña de dinamización “Xuntos e mellor”, que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

O CCA O Barco instalará, durante o luns 5 de maio, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na Praza do Concello, unha caseta ao que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra, cun nome e un teléfono de contacto, nunha urna. Os tíckets deberán corresponder ás compras realizadas o venres 2, sábado 3 luns 5 de maio.

Entre todos os participantes sorteásese un vale de compra para gastar nos establecementos asociados así como catro tratamentos estéticos doados polos centros de estética asociados Alba Dobao Belleza & Wellness, Ana de la Puente, M&E Beauty Salón e Savage Beauty.

 

Artigos relacionados

Back to top button