EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA dá a coñecer aos premiados na súa campaña de Nadal

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco Aberto vén de facer públicos os resultados dos distintos sorteos celebrados durante a campaña de Nadal, que contaron cunha ampla participación da veciñanza e do comercio local.

En primeiro lugar, no sorteo da Carta de Papá Noel, resultou gañador Alex en nome do seu fillo, cun vale de compra de 100 €.

Así mesmo, dase a coñecer o resultado do concurso de escaparates de Nadal, que tivo como obxectivo poñer en valor a creatividade e o esforzo dos establecementos comerciais durante estas datas tan sinaladas. Os escaparates premiados foron:

  • Na categoría de Decoración COUSANOSA cun trofeo e un vale de compra de 50€.
  • Na categoría xeral: PELUQUERÍA GLAMOUR, LIBRERIA PRAXIS e CAN CAN. Todos eles cun trofeo e un vale de compra de 50€.Por outra banda, tamén se celebraron os sorteos das cestas de Nadal, resultando gañadoras as seguintes persoas:Cesta de Nadal número 1: Ariel cun tícket de compra de Libreria Yoli: cesta de regalos máis un vale de compra de 250€.
  • Cesta de Nadal nº 2: Rubén Martínez cun tícket de compra de Ton y Son: cesta de regalos máis un vale de compra de 150€.
  • Cesta de Nadal nº 3: Mari Luz Álvarez cun tícket de compra de Ferretería Moncho: cesta de regalos máis un vale de compra de 120€
  • Cesta de Nadal nº 4: María Jiménez cun tícket de compra de Ferretería Pereira: cesta de regalos máis un vale de compra de 100€.

“Desde a organización quérese agradecer a participación de todas as persoas e comercios, así como destacar o éxito dunha campaña que contribuíu a dinamizar o comercio local e a crear ambiente festivo durante o Nadal”, segundo indica o CCA.

Fotos: Cedidas.

Back to top button