Invocado entre outras cousas para atopar obxectos perdidos e para atopar marido, San Antón de Padua é un santo moi venerado, e só en Valdeorras hai varias localidades que lle renden culto. Mañá farano en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e hoxe en Fontei (A Rúa) e no Barco de Valdeorras no barrio do Campo, reunindo ás parroquias do Barco e Veigamuíños.
Así, numerosas persoas dábanse cita na tarde dese venres 13 de xuño no pavillón municipal de Calabagueiros para celebrar esta festa relixiosa que comezaba cunha procesión no interior da instalación, na que se portaba a imaxe deste santo que se custodia na igrexa parroquial de Veigamuíños.

Despois da procesión e marcada polas altas temperaturas, comezaba a misa cantada polo Coro de San Mauro. Nesta celebración ofrécense candeas vermellas e boliños pan que eran bendicidaos durante a eucaristía.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.