SanidadeÚltima hora

O Barco declárase “Cidade Amiga da Lactancia Materna”

O acordo tomábase no pleno do 4 de abril a partir dunha proposta presentada de forma conxunta polos 3 grupos políticos da Corporación municipal

Imaxe do Concello Vello do Barco.

 

Trenzar lazos “entre as entidades públicas, comercios e asociacións para visibilizar a lactación materna nos espazos públicos e fomentar esta práctica, xerando contornas máis amables cara ás nais lactantes porque os nenos e as nenas teñen dereito a ser aleitados cando o necesitan”. Este é o obxectivo que se persegue coa declaración do Bar como “Cidade Amiga da Lactanca Materna”, un acordo tomado no pleno de abril a iniciativa dunha proposta dos tres grupos políticos da Corporación municipal: PSdeG, PP e BNG.

O texto do acordo, ao que daba lectura a concelleira socialista Margarida Pizcueta, incide na importancia da visualización da lactancia “xa que é algo institivo nos bebés, pero para as mais é algo que se re-aprende, necesitan ver a outras mulleres aleitar e facelo de forma natural e sen coaccións”. Así mesmo, indícase que, “ao pñer o foco no ámbito local, pódense promover solucións personalizadas e adaptadas ás necesidades de cada comunidade, involucranco ás persoas e ás organizacións locais na planificación e execución de políticas de coidado efectivas e sostibles. Desta forma, pódese garantir que o coidado sexa unha realidade accesible e de calidade para todas as persoas, e contribúese á construción dunha sociedade máis xusta e solidaria”.

En definitiva, o obxetivo final desta iniciativa é “promocionar e protexer a lactación materna, brindando apoio ás mulleres que desexan aleitar” e, nese senso, o acordo apunta a necesidade de traballar en varias áreas como “a educación sobre os beneficios da lactación materna, a eliminación de barreiras e estigmas sociais, e a implementación de políticas e medidas que apoien ás mulleres no seu proceso de lactación”.

 

A concelleira socialista Margarida Pizcueta dando lectura ao acordo dos tres grupos políticos.

 

Neste senso a proposta aprobada plantexa un conxunto de medidas, entre elas, “considerar á asociación De Nai a Nai un aliado estratéxico para a promoción da lactación materna xa que conta con experiencia e coñecementos específicos no tema”, así como apoiala para fomentar espazos adecuados para a lactación en espazos públicos, “no ámbito laboral e en institucións de saúde”, así como “solicitar ao Sergas que se regularice a Comisión Técnica de Lactación Materna da área sanitaria co fin de preservar a calidade das medidas que se adopten e poder permtir que os protocolos baseados nas guías de práctica clínica sobre lactación materna estean actualizados” e, finalmente, a declaración do Barco como “Cidade Amiga da Lactancia”.

 

O concelleiro do BNG Manuel Agra, na súa intervención.

 

Na quenda de intervencións dos voceiros municipais, o concelleiro nacionalista Manuel Agra era o único que tomaba a palabra e sinalaba que “dende o BNG alegrámonos de que finalmente se aceptase a nosa postura de que esta proposta tiña que ser algo conxunto de todos os grupos políticos e pensámolo así porque dende o BNG estamos de acordo en fomentar e protexer a lactación materna así como declarar O Barco Cidade Amiga da Lactancia Materna. Vaia o noso apoio ás mulleres que desexen aleitar. Todo anterior, como se di no texto, como fonte de saúde para as crianzas e as mulleres. Tamén valoramos o labor que vén levando a cabo a Asociación De Nai a Nai e consideramos que debe recibir todo o apoio do Concello”.

A proposta resultaba aprobada por unanimidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button