ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco establece puntos de subministro de auga potable para a veciñanza de Valdeorras

O Concello do Barco vén de informar de que existen, dende o luns 18 de agosto, uns Puntos de Subministro de Auga Potable no Barco, a disposición da veciñanza de toda a comarca. “Debido aos lumes que asolan a comarca de Valdeorras desde hai días, moitos concellos da zona non contan con auga potable. No Barco de Valdeorras a auga do servizo domiciliario reúne todas as garantías sanitarias precisas. Por iso, o Consorcio de Auga de Valdeorras e o Concello do Barco decidiron habilitar puntos de subministro que poden ser utilizados pola veciñanza dos Concellos da contorna para coller a auga que precisen”, indica o Concello.

Estes dous puntos son os seguintes

Punto de subministro no Parque Empresarial da Raña:

https://goo.gl/maps/3G87UkAoQbeMCvyr8?g_st=aw

Punto de Subministro na Praza de Viloira:
https://maps.app.goo.gl/eyiuycvCmKuu87619?g_st=aw

 

Back to top button