ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

O Barco festexa a primavera coa tradicional Festa dos Maios coa música e a danza de Abertal

 

A natureza conquista o centro do Barco neste primeiro día de mes. A vila celebra a súa tradicional Festa dos Maios na praza do Príncipe do Barco a partir das 11:30h., coa apertura da mostra e artesanía (cuns 27 postos de diferentes produtos) e coa exposición dos oito Maios participantes nesta edición (5 na modalidade de enxebres e outros 3 artísticos). O acto estaba presentado pola concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

 

 

O programa festivo incluía a música e o baile tradicional ás 12h. da man da agrupación tradicional ruesa Abertal.

 

 

A partir das 13h. viría o canto das coplas por parte dos escolares dos catro colexios do concello do Barco: os CEIPs Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo de Viloira e do Colexio Divina Pastora.

 

 

Poa tarde, ás 18h. poderá asistirse á actuación “Historias para escagharriñarse” de Gazafelhos, unha proposta teatral para público familiar. E, ás 19h. faranse públicos os resultados do concurso e darase paso á entrega de premios, co reparto de 1.800 euros en total.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

Ampliarase galería fotográfica en breve.

 

Back to top button