ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O Barco leva a pleno un suplemento de crédito de 1,4 millóns de euros

Tamén se someterá a votación na sesión desta tarde un crédito extraordinario de 1,2 millóns de euros

 

O grupo de goberno do Barco levará ao pleno desta tarde un crédito extraordinario de 1,2 millóns de euros e un suplemento de crédito de 1,4 millóns de euros, que destinará, entre outras cuestións a diversas obras, entre as que figuran actuacións nos núcleos rurais e ampliación do cemiterio. En ambos casos financiaranse “integramente con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais”.

O desglose de cada unha das intervencións é o seguinte, tal e como presentaban en rolda de prensa o alcalde do Barco, Alfredo García, e o tenente de alcalde, Aurentino Alonso.

 

CRÉDITO EXTRAORDINARIO

Os gastos propostos son os seguintes:

– Proxecto de rehabilitación do entorno do BIC do Castro (fase III): 273.834,06 €

-Estrada Santigoso-cemiterio, e conexión coa estrada da Veiga: 75.000,00 €

-Estradas. Estrada de circunvalación de Santa Mariña: 65.000,00 €

– Cambio de colector e abastecemento barrio de San Mamede (Santigoso): 35.000,00 €

-Arranxo da estrada de saída a estrada de Santigoso, en Vales: 15.000,00 €

– Substitución do abastecemento de Veigamuiños a A Proba: 25.000,00 €

-. Remodelación da Rúa Doctor Fleming. 51.000,00 €

-Remodelación da Rúa da Igrexa en Vilanova: 107.000,00 €

-Ampliación do Cemiterio Municipal do Barco: 180.000,00 €

-Adquisición de terreo anexo ao cemiterio: 5.000,00 €

-Renovación dos servizos no núcleo do Castro: 130.000,00 €

-Reparación da estrada de Alixo: 70.000,00 €

-Adquisición e instalación de cámara para tráfico: 20.000,00 €

-Adquisición de moto para policía: 10.000,00 €

-Adquisición de caixas con dúas mangueiras de incendios para núcleos rurais: 25.000,00 €

-Pavimentación, saneamiento, abastecemento y pluviais nas rúas la Ribeira, Soto de Yáñez e Rúa da Veiguiña, no Barco de Valdeorras. Fase 1: 12.597,49 €

-Mellora da rede de saneamiento no Barco de Valdeorras (Ourense). Fase 1. Actuacións en A Pobra, Mariñán, Avda. de Portugal e Forcadela: 115.339,17 €

-Remodelación da Rúa Elena Quiroga, marxe esquerda: 65.000,00 €

TOTAL 1.279.770,72 €

 

SUPLEMENTO DE CRÉDITO.-

-Aportación convenio Adif paso Rúa Xirimil: 300.000,00 €

-Expropiacións senda de Viloira: 75.000,00 €

-Asfaltado rúa en Xagoaza, de Vilanova a Forcadela e de Vales a Cesures: 192.663,75 €

-Mellora da capa de rodadura de varias rúas no casco urbano:223.685,01 €

-Parque infantil do Malecón:141.987,50 €

-Subvencións a outras administracións. Convenio CHMS para o Salgueiral:40.629,59 €

-Ampliación Escola Infantil Municipal: 34.216,94 €

-Construción de escollera na estrada O Castro- Soulecín: 160.000,00 €

-Instalación climatización 3º andar do Edificio Multiusos: 25.000,00 €

-Formigonado de Rúa en Cesures: 32.500,00 €

-Asfaltado de acceso a Fervenza: 15.000,00 €

-Asfaltado Rúas Albarellos : 15.000,00 €

-Cambio da rede de auga e formigonado en Millarouso: 37.000,00 €

-1ª fase da rehabilitación da Praza maior: 137.000,00 €

TOTAL 1.429.682,79 €

 

Artigos relacionados

Back to top button