O Concello do Barco viaxaba ata a cidade portuguesa de Amarante para participar na IX edición de Expocidades, a feira de turismo de proximidade do Eixo Atlántico, que se desenvolve nesta fin de semana en Amarante (Portugal) rátase dun encontro xa consolidado como unhas das principais citas deste eido, que reúne nesta ocasión a 29 entidades participantes.
A inauguración tivo lugar hoxe venres día 8 de maio no Parque Multifuncional do Rossio, dando comezo a tres xornadas centradas na promoción dos municipios participantes e na posta en valor da súa oferta turística, cultural e económica.
Con stand propio na feira, o Concello do Barco amosa estes días os seus atractivos turísticos, buscando o potencial crecemento do interese pola nosa terra, dos moitos visitantes que se congregan en cada edición.
Durante tres xornadas, a feira ofrece degustacións de produtos locais, exhibicións de tradicións, artesanía, obradoiros, actividades infantís, música, teatro e demostracións en vivo.
Turismo responsable
Expocidades enmárcase na estratexia de turismo do Eixo Atlántico, orientada a fortalecer o sector desde unha perspectiva responsable, sostible e de excelencia, promovendo un desenvolvemento equilibrado do territorio.
