ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco prevé sacar a concurso antes de que remate ano o proxecto para ampliar o cemiterio municipal

Así o sinalaba o alcalde barquense en resposta a unha pregunta dunha concelleira do PP no pleno

 

A ampliación dos nichos cos que conta actualmente o cemiterio municipal do Barco era un dos asuntos que se abordaban no pleno ordinario da Corporación barquense deste 3 de xullo. No apartado de rogos e preguntas, a concelleira do PP Dosinda Arias preguntaba sobre este tema.

Na súa resposta, o alcalde do Barco, Alfredo García, explicaba que o arquitecto municipal ten elaborado un proxecto, pero que este “non se incluíu nos orzamentos porque os nichos autofináncianse. Entón estamos pendentes do proxecto para sacalo a concurso”.

Ademais matizaba, contrastando os datos co concelleiro do Cemiterio, que se prevé realizar uns 200 nichos novos e que, polo de agora, teñen rexistradas unhas 86 peticións. “Antes de que remate o ano imos sacar a concurso o proxecto para construír un bloque máis de nichos no cemiterio”, concluía.

 

Back to top button