
O Concello do Barco vén de informar de que neste mércores 20 de agosto vén de recibir varias doazóns para os afectados polos incendios forestais destes días no municipio. Así, Cristina, María
Rocío, Raquel, Tati e Ana son os nomes de mozos residentes en Coruña, algún con raíces en Valdeorras, que hoxe se achegaron ata vila valdeorresa para entregar material para loita contra o lume que lle foi dado a Proteccion Civil.
Por outra banda, a empresa Sonepar entregou tamén hoxe no Concello una caixa con 1000 máscaras, para distribuír, se se precisa, entre a veciñanza. “Grazas a todos polo xesto tan xeneroso”, din dende o Concello.
Fotos cedidas.
