CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco suma e segue, vence 1-0 ao Noia e aséntase na zona alta da Terceira Federación

 

O CD Barco segue imparable sumando a quinta vitoria consecutiva, pasando de loitar pola permanencia a asentarse na zona alta da clasificación.

 

 

Todo cambiaba para o conxunto vermello no partido disputado ante o líder, o Compostela, ao que vencían 2-0 en Calabagueiros. Tras uns meses complicados que os arrastraban ata o fondo da clasificación, o técnico Agustín Ruiz collía as rendas do equipo e tras ese primeiro partido da segunda volta, amosaban o seu mellor xogo, cunha única derrota e un empate en doce xornadas.

 

 

A última, a que na tarde deste domingo 5 de abril o enfrontaba ao Noia CF en Calabagueiros e que se saldaba co 1-0 grazas ao gol de Óscar Martín ao transformar un penalti no minuto 72.

 

 

Sen grandes resultados, en moitos casos pola mínima, pero cinco vitorias consecutivas (empataba a 3 no partido aprazado ante o Silva que xogaban o xoves día 2 de abril) que asentan ao CD Barco no quinto posto da clasificación en Terceira Federación, na zona de promoción de ascenso.

A cinco partidos para que remate a liga, a vindeira cita para os do Barco será no campo do Atlético Arteixo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button