CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco suma os tres primeiros puntos en casa ao vencer 2-1 ao Céltiga en Calabagueiros

 

Fíxose esperar pero por fin chegaba a primeira vitoria da tempada en casa. Nun inicio de liga complicado e sen sorte de cara ao gol, o CD Barco lograba os tres primeiros puntos no seu desprazamento a Cambados no cuarto partido e só unha semana despois volvía gañar pero desta volta diante da afección, no campo municipal de Calabagueiros, ao superar 2-1 ao Céltiga FC.

 

 

Na tarde deste domingo 5 de outubro, os de Lino Estévez adiantábanse no marcador grazas a un gol do rival en propia meta no minuto 26 que empataban sete minutos despois. O gol do desempate chegaba no 39′ obra de Miguel Freiría sentenciando un partido sen máis acertos.

 

 

Con este resultado o equipo vermello ascende ata o décimo posto da clasificación sumando 6 puntos e a 3 do cuarto clasificado, o CD Estradense. O vindeiro partido será no campo da Grela 1 contra o Silva SD, actual faroliño vermello da Terceira Federación.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button