
O Concello do Barco celebra este xoves 19 de novembro, o Día Mundial do Cancro de Páncreas, en apoio á proposta da Asociación Cáncer de Páncreas (ACANPAN), para o que iluminará da cor representativa, o morado, a fachada do edificio do Concello vello.
O obxectivo principal da conmemoración é dar a coñecer os signos e síntomas da enfermidade para favorecer unha diagnose máis temperá, e ademais, aumentar a concienciación social, o financiamento e a investigación neste campo.
O cancro de páncreas é unha enfermidade de detección tardía; máis do 80 % dos casos diagnostícanse en fases avanzadas pola falta de síntomas claros ao comezo. A supervivencia a 5 anos é de arredor do 10 % (12,1 % en mulleres e 10,3 % en homes), situándose entre os tumores con maior mortalidade.