DeportesÚltima horaVídeos

O barquense Luis Manuel Gurriarán despídese do esquí, tras 71 anos no deporte, en Baqueira Beret

Manolo Ares e Luis M. Gurriarán.

 

Despois de 71 anos de práctica do esquí, o valdeorrés Luis Manuel Gurriarán vén de despedirse deste deporte. Decidía colgar as botas e táboas en Baqueira Beret. E facíao rodeados de amigos do Val de Arán, de San Sebastián e dunha representación galega do Barco, Manolo Ares. Deste xeito, este socio do Club Peña Trevinca Barco, que conta que problemente sexa o esquiador galego con máis anos de antigüidade neste deporte, daba o seu adeus aos descensos polas pistas nevadas.

 

Carlos Ubide (Valle de Arán) e Javier Tamés (San Sebastián) compartindo amizade con Luis Manuel.

 

Luis M. Gurriarán competía anos atrás neste deporte, chegando a ser campión galego nos anos 70, profesor de esquí en La Molina, ademais de director da malograda Trevinca e presidente executivo do Consello de administración da Estación de Manzaneda. Ademais este esquiador é fillo do que está considerado pioneiro e promotor dos deportes de montaña e do esquí en Galicia, o doutor Gonzalo Gurriarán.

Fotos e vídeo cedidos.

Vídeo de Luis M. Gurriarán e Manolo Ares descendendo cara ao Port da Bonaigua (Baqueira Beret)

Artigos relacionados

Back to top button