ConcellosEn portadaÚltima horaViana do BoloVídeos

O “Barrio de Belén” volve cobrar vida no Cabo da Vila de Viana do Bolo

 

En cada recuncho, unha escena. A zona máis antiga de Viana do Bolo, o Cabo da Vila convertíase este tarde en escenario dun singular nacemento vivinte. Unha iniciativa que involucra á parroquia, a diversas asociacións, ao Concello e, en xeral á veciñanza de diferentes puntos do municipio.

 

 

Neste “Barrio de Belén” recreábanse diferentes imaxes propias do nacemento como: o Portal, a Anunciación, os Reis Magos, así como unha pousada, unha panadería e diversos oficios tradicionais como o das tecedeiras, postos de herbas, doces, castañas… Ademais había escenas tradicionais como as do proceso da matanza, a elaboración a augardente ou grupos diversos grupos de músicos.

 

 

En definitiva un belén que cobra vida e que permitía a veciños e visitantes integrararse nas súas diferentes escenas e, ademais, desfrutar dun chocolatiño quentiño acompañado de doces.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Back to top button