É unha actividade xa tradicional para o Club Montañas de Trevinca. Un ano máis, ante a chegada do Nadal, organizábase unha marcha de alta montaña para instalar o “Belén da Cima de Galicia”. Realizábase no mediodía do sábado día 29 de novembro. E, dende ese día, este nacemento “ocupa o seu sito en Pena Trevinca tal como véno realizando desde hai 25 anos”, comenta o presidente do club, Antonio Álvarez “Cholo”.

Cun tempo desapracible de auganeve e vento, un grupo de 21 montañeiros do Club de Montañismo Montañas de Trevinca, instalaba este belén no teito galego. Ademais, con esta marcha volvían expresar so seu desexo de que “as montañas de Trevinca pronto deberían ser declaradas Parque Natural, o Belén soportará o frío, a neve e o vento ata o seu regreso a Vilanova de Trevinca na primeira quincena do próximo mes de xaneiro”.
Fotos cedidas.
