En portadaÚltima horaVídeos

O “Belén do cima de Galicia” xa está colocado en Pena Trevinca

Unhas 14 persoas participaban na marcha de montañismo invernal organizada a pasada fin de semana polo Club Montañas de Trevinca para colocar este nacemento

 

Adiantándose algunhas semanas ás súas datas habituais, o 26 de novembro realizábase o “XIV Nadal en Pena Trevinca”, unha marcha invernal organizada polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca para colocar o tradicional belén no punto máis alto de Galicia.

Esta actividade, na que participaban unhas 14 persoas, partía arerdor das 8:30h. dende Vilanova de Trevinca seguindo a ruta de Valmeladas e Sestil Alto. Sobre as 13h. instalábase o belén en Pena Trevinca, e despois comezaba o regreso polo Crestón do Lombo do Rocín/ Maluro.

 

 

“Esta clásica ruta de montañismo invernal, é moi apropiada para deportistas con experiencia no emprego de raquetas de neve, ademais do uso de crampóns e piolets, e estase a converter nunha actividade moi valorada polos amantes da neve e do xeo. Neste caso a ascensión a Pena Trevinca en condicións invernais, convértese nun referente deportivo dentro montañismo galego. Desexamos manter o simbolismo do Nadal coa instalación do que denominamos o Belén do Cima de Galicia, que se retirará a mediados de xaneiro”, explican dende o Club Montañas de Trevinca.

Fotos e vídeos cedidos polo Club Montañas de Trevinca.

https://youtube.com/shorts/GvipIXh_vQ0?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button