CulturaCulturaÚltima hora

O blog Tradicións da Limia convértese nunha páxina web

 

Ata non hai tantas décadas os costumes, prácticas, historias e crenzas que forman parte dunha comunidade e que a identifican transmitíanse oralmente de xeración en xeración. Ese carácter oral da transmisión foise perdendo co paso do tempo, pero a importancia por difundilas e dalas a coñecer segue sendo moi relevante, sobre todo de cara ás novas xeracións.

Con ese afán de rescatar esa memoria tradicional e difundila nacía ano atrás o blog As Tradicións da Limia, da man de Pepe Calleja, un apaixoado da cultura tradicional desta comarca da provincia de Ourense. Agora este blog de converterse nunha páxina web, https://tradicionsdalimia.es/ , co fin de reforzar tanto o deseño como os seus contidos, cunha nova imaxe.

 

 

Back to top button