
As melloras no eido sanitario, un plan integral de recuperación das zonas queimadas e de revitalización do rural ou actuacións en materia de infraestruturas centran as emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia do vindeiro ano 2026 que o grupo do BNG presentará con relación a Valdeorras no Parlamento galego.
Así o anunciaba o deputado galego Secundino Fernández, nunha rolda de prensa no Barco, acompañado por representantes do BNG en Valdeorras: Roberto Quiroga, responsable comarcal do BNG; Manuel Agra, concelleiro no Barco e María G. Albert, alcaldesa da Rúa.

Fernández detallaba as emendas, un total de dez e relativas ás seguintes cuestións: 2ª e 3ª Fases abastecemento e saneamento da Rúa, melloras ETAP Mancomunidade Augas Petín-A Rúa, saneamento dos ríos Xares, Casoio e Sil, separación do PAC de Valdeorras do servizo de Urxencias hospitalario. Reubicación do PAC no Centro de Saúde do Barco, Dotación de pediatras Valdeorras, creación de Base do 061 con ambulancia asistencial de soporte vital avanzado (medicalizada) dentro da Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galiza (RTSUG-061), aumento da dotación de recursos humanos e materiais para o servizo de Hospitalización a domicilio (HADO), implementación dunha unidade de pneumoloxía e silicose no Hospital Público de Valdeorras, un Plan integral de recuperación das zonas queimadas e de revitalización do rural, a mellora do trazado e a seguridade da OU-533 e o arranxo dos desprendementos da OU-121 no lugar de Santigoso (O Barco),