PolíticaÚltima hora

O BNG de Valdeorras reivindica unhas Letras Galegas para Florencio Delgado

A formación política celebraba un acto festivo e cultural con motivo do 17 de maio
Un dos momentos do acto. Foto: Ángeles Rodríguez
Un dos momentos do acto. Foto: Ángeles Rodríguez

Cun acto xunto á escultura de Castelao no Malecón do Barco celebraba o BNG de Valdeorras o Día das Letras Galegas, que comezaba coa lectura dun poema do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. “Seguimos pedindo que se lle adique o Día das Letras Galegas porque consideramos que ten méritos suficientes para elo”, sinalaba o responsable comarcal do BNG en Valdeorras, Manuel Agra.

Tamén se lle daba lectura ao poema Penélope, de Xosé María Díaz Castro, escritor ao que se lle adica este ano o 17 de maio.
Este acto, no que se reivindicou a cultura e a lingua galega, finalizaba co canto do himno galego.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button