
Mellorar a comunicación entre os municipios de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. É o obxectivo da campaña de recollida de sinaturas que está a realizar o BNG de Viana do Bolo, que colocaba un pequeno posto na feira local do 28 de abril para achegarse á veciñanza.
Dúas son as estradas cuxo arranxo “urxente” se pide: a OU-0701 (Cabalar- Vilariño) e a OU-0908 (Viana-Vilariño). Nelas o BNG solicita “unha renovación total do trazado e firme d, así como que o arranxo contemple as zonas de amplicación da estrada e a redución de curvas”. Estas estradas, lembran, son da rede provincial, se ben tamén solicitan que se “pida a colaboración do Goberno central e da Xunta de Galiza con financiamento se fora necesario”.
Esta mesma demanda, en forma de moción, era presentada no pleno deste venres por parte do grupo municipal do BNG.
Fotos cedidas.
