EconomíaEconomíaÚltima hora

O Bolo celebrará unha Feira de Nadal, o 13 de decembro no pavillón municipal

Feira de artesanía no Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello do Bolo estase xa preparando para recibir ao Nadal, comezando coa feira que celebrarán o domingo 13 de decembro no pavillón polideportivo municipal.

Será de 11 a 18 horas aproximadamente e contará con 18 postos con artesanía variada e productos tradicionais. “Será unha grande oportunidade para comprar agasallos de Nadal aos pequenos artistas e artesáns da nosa contorna”, convidan dende o Concello, engadindo que ademáis haberá dous obradoiros de elaboración de coroas e árbores de Nadal.

O primeiro, Obradoiro de Coroas de Nadal, con elementos ecolóxicos incluídos, será ás 12:30 horas. Custará 12 euros para un máximo de 8 persoas maiores de 12 anos e precisa reserva previa no teléfono que aparece no cartel.

O segundo, Obradoiro de Árbores de Nadal, con materiais reciclados incluídos, será ás 16:30 horas. Custará 8 euros para un máximo de 12 persoas maiores e 5 anos.

 

Back to top button