Non pudo ser. Na tarde deste sábado 3 de outubro, o recén creado equipo de fúbol sala do Bolo, disputaba o primeiro partido de liga disposto a conseguir os tres primeiros puntos da súa historia pero terán que esperar á seguinte xornada.

Á espera de que se realizen as obras de mellora no pavillón deportivo do Bolo, o conxunto bolés xogará os partidos da casa no pavillón Victoriono Núñez, na Rúa. E alí se enfrontaban ao seu primeiro rival oficial, o CFS Concello de Coles que vencía por 3 goles a 6 tras un intenso e pelexado encontro.

Os visitantes abrían o marcador no minuto 12 rematando a primeira parte co 0-1. E xa na segunda, Óscar Porto empataba para O Bolo no minuto 30 aínda que só un despois os de Coles volvían adiantarse marcando o segundo gol e case seguidos os catro restantes. Mais aínda non estaba todo dito por parte dos locais, marcando Pablo Martínez no minuto 45 e Iván Porto no 49′, quedando sen tempo para máis.
O seguinte partido para O Bolo FS será no Pavillón Municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, ante o filial do Pizarras Los Tres Cuñados FS.
Fotos: Mónica G. Bellver.
