
O Concello do Bolo vén de infomar a través dunha nota de prensa que de que pon a disposición de todos os interesados a Aula de Coworking que ten na antiga casa cuartel do Bolo para que poidan participar nun curso de emprendemento online.
Trátase dun curso de emprendemento, que promove a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), dentro do programa ReActiva Ourense e financiado pola Deputación. Trátase dunha “formación gratuíta e que se fará online, podendo usar as instalacións do Bolo para así facilitar a actividade formativa. A aula de coworking permanecerá aberta para calquera persoa anotada”, segundo informa o Concello.
Calquera persoa interesada poderá anotarse a través da seguinte ligazón: https://www.ceo.es/reactiva-ourense-2025/
