EconomíaEconomíaÚltima hora

O Botelo do Barco tamén conquista A Coruña

 

Co aforo completo dende hai máis dunha semana, no mediodía deste sábado 7 de febreiro celebrábase no Hotel Finisterre, a XI edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña que reunía a 250 persoas, entre eles o alcalde do Barco, Aurentino Alonso e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

O programa comezaba arredor das 13 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño dirixido polo equipo de Luis Paadín, no que se presentaron 53 referencias da D.O. Valdeorras (godellos, mencías, garnachas, sousones, brancellaos…).

 

 

O xantar servíase sobre as 14:30 horas cun menú composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir co prato principal con botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica e todo regado con viños godello e mencía de Valdeorras, rematando con café e selección de licores de Valdeorras.

O broche poñíao música en directo a cargo do propio restaurante.

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button