EconomíaEconomíaÚltima hora

O botelo tamén enche os restaurantes do Barco de Valdeorras

 

Máis aló do xantar no pavillón municipal de Calabagueiros que na xornada deste sábado 17 de xaneiro reunía a unhas 1.300 persoas, a Festa do Botelo do Barco de Valdeorras enchía tamén os restaurantes da vila que esta fin de semana ofrecen o emblema gastronómico como plato estrela do menú.

 

 

De feito, segundo os datos dos Concello, unhas 800 persoas completaban as prazas dispoñibles. Grupos de amigos e familias enteiras, da contorna pero tamén chegados dende diferentes partes de Galicia, cumpríndose un dos obxectivos que se marcaban dnde o Concello do Barco hai xa anos, que a festa saltara do xantar municipal aos restaurantes como reclamo turístico e lograr que a xente de fóra acuda á vila é o obxectivo final.

 

 

Na galería de imaxes podemos ver tres dos locais que colgaban hoxe o cartel de completo: Pazo do Castro, La Flor del Jamón e Piquiño.

 

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button