SanidadeÚltima hora

O brote de Covid relacionado con viaxes de fin de curso a Baleares afecta a estudantes ourensáns

Sanidade vén de dar a coñecer as medidas que se están a levar a cabo como consecuencia deste abrocho de coronavirus

 

A Consellería de Sanidade está a levar a cabo unha serie de medidas como consecuencia do brote de Covid detectado entre os estudantes que viaxeron recentemente a Baleares. “Todos os estudiantes que viaxaran a Baleares consideranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles”, destacan dende Sanidade.

A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se disporá o que teñen que facer os estudantes en función da data das súas viaxes.

A Consellería de Educación está xa a enviar ao departamento sanitario da Xunta as listaxes dos centros que viaxaron recentemente ás Illas Baleares, no que se confirmou a presenza de centros da provincia de Ourense. En total trátase de 11 centros de Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo, segundo os datos iniciais, nos que se cifran en 50 os positivos.

Desde a Central de Seguimento de Contactos chamarase a todos os alumnos, para infomarlles do protocolo e resolver posibles dúbidas. Polo de agora, hai 11 centros en Galicia, que confirmaron algunha viaxe de alumnos a Baleares.

Serán as respectivas áreas sanitarias as encargadas de xestionar as citacións das PCRs a realizar neste grupo de personas.

Ademais Sanidade indica que “os pais ou nais que vaian recoller aos seus fillos ao aeroporto extremen a precaución”. A recomendación da Consellería de Sanidade é que vaia so unha persoa a recollelo e, no automóbil sempre con máscara e distancia.

Sarria pasa ao nivel alto de restricións

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na reunión esxtraordinaria mantida esta mañá, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria.

Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións co ánimo de reducir o índice de casos activos.

Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button