Despois de moitos anos pechado e tras numerosos xerentes, o mítico Café Luna’s da Rúa comeza unha nova etapa. Na tardiña do xoves 8 de outubro o establecemento hostaleiro sito na rúa Campogrande, reabría as portas con nova imaxe, moito máis luminosa o que dá amplitude ao local, e con novos xerentes á fronte.

Con moita experiencia no sector, Cristina Álvarez, decidía dar un paso e poñerse pola súa conta, acompañada polo seu home, Rubén e dúas camareras, Antía e Yolanda, nun dos locais de referencia na vila que terá un amplo horario de apertura ao público. “A miña idea é abrir ás seis da mañá e ata a unha ou dúas da mañá, sen pechar a mediodía”, di Cristina que levaba dous meses traballando para poñer a punto o local de cara ao outono.

Fotos: Mónica G. Bellver.