ConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

O calendario de sobremesa 2025 do Periódico O SIL, nos quioscos e librerías

Se non é subscritor e aínda non o ten, non quede sen el. Pode adquirirse a un prezo de 4 euros

 

Dende primeiros de xaneiro xa está nos quioscos e librerías o calendario de sobremesa do Periódico O SIL, que se edita como un agradecemento á fidelidade e ao apoio dos nosos subscritores, que o recibían gratis co número de xaneiro de 2025 do periódico.

 

 

Aquelas persoas que non sexan subscritoras do Periódico O Sil teñen a posibilidade de adquirir este calendario do 2024 nos quioscos e librerías por un prezo de 4 euros.

 

 

Os subscritores constitúen un dos piares que fan posible que, malia ás difíciles condicións dos últimos anos, e que se manteñen ata hoxe, esta cabeceira continúe viva e poñendo cada mes na rúa unha nova edición dos periódicos en papel O Sil e O Sil Deportivo, así como multitude de especiais; e o periódico dixital que se actualiza de forma continua (www.osil.info). O custo anual dunha subscrición é de 50 euros.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button