Xornada intensa de atletismo de alto nivel neste 14 de decembro no Barco. A vila acollía dende as 11h. o Campionato de España de marcha de inverno de promoción e 10 km con diversas probas que convertían as rúas nun circuíto de atletismo.
Nesta galería faise un resumo en imaxes desta intensa xornada que deixaba campións nacionais, entre eles o valdeorrés José Fernández Nieves (Real Club Celta) e varios récords. Ademais dun verdadeiro espectáculo deportivo e o feito de que O Barco está no máis alto nivel do atletismo, tal e como destacaba o seu alcalde, Aurentino Alonso.
Fotos: Carlos G. Hervella.



14 de Decembro de 2025