As rúas do Barco convertíanse nesta mañá de 14 de decembro nun circuíto de atletismo. Entre o hospital do Barco e a rotonda do Mercadona desenvolvíase o Campionato de España de marcha de inverno de promoción e máster 10 km. Como limiar tiña lugar unha proba das categorías base, dende Sub10 e Sub14.

Despois, a partir das 11h. comezaba a competición española propiamente dita coa carreira dos Sub16, cunha distancia de 3 km. Aquí contábase coa presenza valdeorresa de Mateo Valcarce e Paula Cela, do Club Adas Cupa do Barco.
Logo viñan as categorías Sub18 e Sub20, cun percorrido de 5 km. No nacional Sub18 o triunfo correspondíalle a Marcos López (Suanzes San Blas) e a Icía Ares (Ourense Atletismo), mentres que en Sub20 vencían Daniel Monfort (Facsa-Playas de Castellón) e Aldara Meilán (Atlética Lucense). Ao mesmo tempo nestas dúas categorías celebrábase o Trofe José Ruiz de 5 km.

A partir das 12:35h. comezaba o Campionato de España Máster 10 km.
A pé de circuíto seguindo as probas estaban o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; e o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, ademais doutros membros da organización da proba. Para regular o tráfico (xa que foi preciso cortar rúas) e velar pola seguridade contábase coa colaboración de voluntarios, da Policía Local, o GES Valdeorras e Protección Civil do Barco.
En breve ampliarase a información e galería fotográfica.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.

