Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O candidato do BNG en Rubiá presenta as súas propostas nun mitin

Tiña como limiar un acto literario, con lectura de poemas en galego, na praza deste Concello
O candidato do BNG en Rubiá, Moncho do Porto, durante o mitin na praza do Concello.
O candidato do BNG en Rubiá, Moncho do Porto, durante o mitin na praza do Concello.

Con poesía encetábase o acto político que celebraba o BNG-Asembleas Abertas en Rubiá. Tras a lectura dunha serie de versos de autores galegos, comezaba na tarde do 16 de maio o mitin de Ramón Núñez, máis coñecido como Moncho do Porto, que encabeza a candidatura nacionalista neste concello valdeorrés.

Despois de ser presentado por Manuel Agra, coordindor do BNG en Valdeorras, Moncho de Rubiá comezaba a súa intervención presentándose, xa que é a primeira vez que concurre a uns comicios municipais, e de seguido expoñía os motivos polos que decidía dar este paso. “Preséntome porque vexo este concello totalmente abandonado polas administracións”. Ademais enumeraba as propostas do seu programa, entre elas, as de “lograr un bo acceso para o pobo de Quereño, xa que os seus veciños tardan hora e pico en chegar a Rubiá”. Apostaba tamén por un Concello aberto á veciñanza, participativo, “pois este concello é de todos”.

Ademais aludía, entre outras cuestións, á necesidade de mellorar servizos como a recollida do lixo nos pobos e de traballar para reducir a porcentaxe de paro en Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button