Ás 10:45 horas desta mañá votaba o número 11 do PP por Ourense, o rues Xosé Manuel Merelles, que o facía nun colexio electoral de Santiago de Compostela, onde ten a súa residencia. Tras emitir o seu voto, o candidato popular transmitía unha mensaxe clara: “hoxe é un día grande porque celebramos as eleccións ao Parlamento de Galicia e todo vai funcionar perfectamente grazas a todas as persoas que están nas mesas electorais en toda a comunidade e, por suposto, en Valdeorras”.
https://youtube.com/shorts/sSHrY0gPR-Y?feature=share
Foto e vídeo cedidos.