CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O cantautor Emilio Rúa actuará o 26 de xullo no Bolo, presentando “Ao vivo: espazos singulares”

 

 

O vindeiro 26 de xullo o cantautor Emilio Rúa presentará no Castelo do Bolo o seu novo proxecto musical “Ao vivo: espazos singulares” patrocinado por Turismo de Galicia e que está incluído no programa dos “Concertos do Xacobeo”. A súa actuación está prevista para as 12:30h.

 

 

Neste espectáculo a música de Emilio Rúa fusiónase coa riqueza patrimonial das zonas rurais, en lugares de alto valor cultural e turístico. “Unha simbiose entre a creación artística e a memoria do lugar”, en palabras do autor.

Imaxes cedidas.

 

Back to top button